Un programa amplo e variado

La Voz

CARBALLO

. Ás seis e media da tarde será a recepción, ás sete ábrese o congreso, e ás sete e media inaugúrase a exposición O Patrimonio Marítimo de Galicia . O concello convida ós participantes a unha recepción no Concello ás oito. Ás once da noite, seguramente en As Hortensias, sesión de contacontos con Carlos Blanco, Patricia Vázquez e Ricardo de Barreiro. . Primeira sesión ás 10.30 horas, baixo o título O mar: unha ollada antropolóxica . Falarán Marcial Gondar ( Muller e mar: ollada antropolóxica ), Xosé Ramón Mariño Ferro ( A simboloxía do mar ) e Xosé Manuel González Reboredo. Ás 13.00, visita ó Museo Seno de Corcubión e, xa pola tarde, ás 17.00 horas, mesa redonda titulada Antón Avilés de Taramancos: a lingua do mar . Moderados por Carlos López Bernárdez, intervirán Ana Romaní, Xosé María Álvarez Cáccamo e Migual Anxo Fernán Vello. Pola noite, recital poético (23.30 horas) con Alexandre Nerium, Emilio Insua, Rafael Lema e Suso Bahamonde. DOMINGO . Sesión única, ás once da mañá, baixo o enunciado O mar na cultura galega . Os relatores son Carlos Lourido ( Momentos claves na historia da pesca en Galicia ), Dionisio Pereira ( O asociacionismo mariñeiro ), Francisco Fernández Rei ( O mar na poesía-literatura galega ) e Chisco Fernández Naval ( As Crevas , con proxección de diapositivas durante a charla e unha curtametraxe final). O peche será ás 13.00 horas, e logo, o xantar.