Doniños

PABLO RODRÍGUEZ

CARBALLO

A BOCA PEQUENA | O |

24 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A praia de Doniños é a praia costeira máis próxima á cidade de Ferrol. Encóntrase a unha distancia aproximada de once quilómetros. É unha praia costeira cercada por cantís, de area miúda e de augas normalmente moi batidas, por esta razón o baño hai que tomalo con precaución. Nela hai unha lagoa natural onde atopamos moitas aves que veñen a pasa-lo inverno. É tamén un lugar axeitado para practicar surf, debido ás grandes ondas que á miúdo se forman nas súas augas. Nos últimos tempos construise un paseo á beiramar e ten servicio de Cruz Vermella, duchas, campo e un fermoso pinar. Gracias a elo conta cunha bandeira azul. Hai unha lenda que di que antigamente dous nenos se afogaron nesta lagoa, feito que deu lugar ó nome de Doniños. Por todo isto é un lugar dos máis fermosos da comarca de Ferrol que non deberiamos esquencer de visitar.