Casos curiosos

RAMÓN M. VILAR LANDEIRA

CARBALLO

RADIOGRAFÍAS | O |

17 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

HOXE, mentres estou a escribir estas liñas, é Día das Letras Galegas. Onte mentres ía no coche escoitei en Radio Voz un falar galego doce: unha colombiana expresándose nun galego exquisito, arrastrando coma ondas os fonemas. Por certo que falaba tino ca algúns locutores de radio ou presentadores da nosa televisión. Hai anos coñecín en Compostela a unha rapaza bretona que estudiaba galego na Universidade de Rennes. Gäelle era filla dun italiano e dunha bretona e cursaba aló Filoloxía Hispánica. Descubriu o noso idioma e propúxose aprendelo sen ter vido nunca aquí. Dígolles que parecía imposible que aquela rapaza falara nun galego tan pulcro e comentase libros de Cunqueiro, Otero ou Castelao coma se se tratasen de vellos coñecidos. Albano Outro caso curioso que me vén agora á mente é o dun rapaz que traballou na emigración en Alemania con galegos. Coñecino en Rodís (Cerceda) vendo un partido de fútbol do Deportivo na tele. O mozo berraba cunha fonética propia da zona: «Péghalle pra riba, ho». A sorpresa foi cando me dixeron que aquel mozo louro, que se podía encadrar na nosa variedade dialectal, era albano.