RADIOGRAFÍAS
12 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Escribía hai uns días que agora comezará unha febre de nomes coma Chenoa ou Gisela. Hai anos a moda era a onomástica inglesa: James, Jacqueline. Nos setenta abundaron os Juan Carlos, imitando o nome do novo monarca. Cando nos oitenta houbo a explosión das telenovelas sudamericanas apareceron nomes coma Cristal. «Fóra a alma», din os vellos. No caso dos cans, os nomes tamén foron producto das circunstancias históricas. A diferencia é que ós animais poñíanselle para mofarse dalgún personaxe. Logo da Guerra da Independencia, cando os guerrilleiros españois conseguiron botar fóra da Península ás tropas francesas, foi moi usado o nome de Napoleón para chamar polos cans e aproveitar de paso para facer burla do inimigo. O nome doutros xenerais franceses coma Soult tamén se usou para bautizar moitos cadixos. Os conflictos co mundo árabe provocaron que houbera cans respondendo por Sultán. A época dos trinta e corenta propiciou a aparición de Trostki, seguramente para humillar ao revolucionario que se enfrontara a Stalin. ¿Cantos cans con estes nomes non coñecen pola comarca? Non quero que ningún lector colla exemplo e se poña a alcuma algún palleiro co nome dalgún veciño ou rival político.