LUIS VÁZQUEZ PÉREZ, DIRECTOR EXECUTIVO DE TERNERA GALLEGA
17 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Luis Vázquez estivo onte en Cerceda na xornada de exaltación da carne de tenreira galega. Como director executivo do Consello Regulador desta indicación xeográfica protexida, asegurou que a situación despois da famosa crise das vacas tolas xa está totalmente estabilizada. -¿O mercado esta recuperado? -Os precios para os gandeiros mantéñense moi ben, e incluso son un pouco superiores ós do ano pasado. A situación da carne é realmente moi boa. -¿O consumo tamén está xa nos niveis normais? -Hai que recoñecer que houbo unha forte crise, pero hoxe o consumo de carne de vacún recuperouse de todo. O que si pasa é que a xente reclama máis garantías, quere máis controis e iso é o que ofrece a indicación xeográfica protexida de Ternera Gallega. -¿Por que siguen, entón, organizando estas xornadas? -Fundamentalmente para que a xente que tiña dúbidas vexa que nesta carne non hai problemas. Ademais, para que o gandeiro se sinta arropado. -¿Pensa que o futuro do sector é esperanzador? -Hai futuro para a producción de carne de calidade regulamentada. E digo de calidade porque sigue un regulamento que indica todas as fases polas que pasa ata chegar ó consumidor final de forma diferenciada, etiquetada e con garantías. -¿Son importantes as campañas promocionais? -Dende logo. Agora mesmo, por exemplo, estamos inmersos nunha actividade frenética de promoción. Iniciamos campañas deste tipo en 800 puntos de venta de Ternera Gallega en toda España, e xornadas gastronómicas en 52 restaurantes de todo o país.