Bautista Santos, alcalde, del PSOE: «Ó día seguinte de aprobar todo no pleno atopeime con Ruperto e díxenlle que como facían tanto o ridículo, e el díxome a min, `non me fales, non me fales, que a esta xente non hai por onde collela'', e incluso calificou a Fran -un compañero- como pijotero». «Ruperto pediume que levara a pleno os presupostos, que os aprobabamos sen problema». «Fran díxome un día: antes de quitarche o soldo a ti eu marcho de concelleiro». Ruperto Mosquera, jefe de la oposición y ex-edil del Partido Popular: «Bautista dounos a entender que o seu soldo é o único que lle interesa, e o pobo, nada. Mira moito máis por el que por Camariñas. As cousas non melloran nada cos anos que levan no poder, están igual ou peor e a xente xa está moi cansada». Xosé Manuel Marcote (teniente de alcalde, del BNG): «Non sei os móviles, supoño que inconfesables e egoístas, que moveron ós do PP a provocar este caos. Queren oprimir ó pobo de Camariñas e sometelo a eles». «Aínda que eles din que non están adscritos a ningún grupo, creo que son títeres do PP disfrazados de independentes». «Eu creo que eles están intentando chantaxear ó alcalde. No BNG, con respecto a eles, xa estamos curados de espanto». «A nosa politica é unha aposta clara por un Concello democrático e transparante. Espero que a xente se decate do que hai e de que o día de mañá poda mellorar».