A música de Bailadela e As Sete Linguas sonou en Ribeira

La Voz

RIBEIRA

DANI GESTOSO

Aguiño foi o epicentro do Día das Letras durante a tarde

17 may 2025 . Actualizado a las 20:51 h.

A tradición das cantareiras ten relevo en Ribeira con Bailadela, que ofreceu unha actuación na Porta do Sol na que participaron integrantes moi noviñas que amosaron a destreza coa pandeireta. Tamén interveu neste acto do Día das Letras a formación As Sete Linguas, da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño. 

Día das Letras en Aguiño, organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño
Día das Letras en Aguiño, organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño

Pola tarde a Festa das Letras Galegas trasladouse a Aguiño con inchables, música, refrescos e auga, xornada de debuxo infantil con agasallos para todos os participantes e sorteo de lotes de libros en galego. Tamén actuaron as cantareiras de Bailadela  e houbo espectáculo de acrobacias e humor de Kote Malabar. A organización correu a cargo da Asociación Francisco Lorenzo Mariño coa colaboración do Concello de Ribeira.