Casco vello


Sección áurea

Se lle preguntamos a un operario polo casco vello, diranos seguramente que o botou ao lixo para comprar un novo. Ese é o verdadeiro significado destas dúas palabras. Aínda que a expresión resulta ben simple, moitas cidades e vilas chámanlle así á súa zona histórica, ao centro máis antigo do municipio, o lugar de orixe, o berce da comunidade, o lugar histórico que garda a memoria do pobo, tanto no seu aspecto material como inmaterial.

Nin é correcta a palabra casco nin vello. A primeira porque pode ter moitas acepcións diferentes do que realmente quere sinalar: área, zona, recinto, centro. A segunda non é correcta porque na nosa mente asociamos o vello co inservible, fóra de utilidade.

Botando un ollo aos plans urbanísticos, vemos que cidades como Vigo chámanlle así ao seu barrio máis valioso, o que orixinou a cidade, namentres Compostela lle chama cidade histórica, polo que entendemos que ten máis valor. Outros concellos como Muxía ou A Pobra mesturan os termos e chámanlle casco antigo, polo que son respectuosos a medias. Pola contra, para referirse a zonas novas vemos que existe a cidade xardín e non o casco xardín.

Non é algo galego facelo así, vemos que existe a old town para denominar os centros británicos, pero non atopei ningunha cidade europea na que lle chamen casco. É importante a retórica que utilicemos para denominar o corazón das nosas localidades, en tanto estamos transmitindo sensacións aos seus moradores, tamén aos turistas, que poden darlle máis valor ou quitárllelo. Antigo ou histórico son correctos, pero temos que quitar a palabra casco da cabeza.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
29 votos
Comentarios

Casco vello