Un pedagogo sonense


Nado en Xuño, Porto do Son en 1955, este doutor en Filosofía e Ciencias da Educación é actualmente catedrático da universidade compostelá, na área de Teoría e Historia da Educación. É, sen dúbida, unha das autoridades galegas en materia pedagóxica, pero tamén con ampla repercusión fóra das nosas fronteiras, pois a súa sinatura está presente en publicacións como a Revista Española de Pedagogía, en Aula Abierta ou na Revista de Investigación Educativa. Autor de numerosas publicacións especializadas, que unen a investigación cunha grande capacidade de divulgación pola súa claridade expositiva; entre estes títulos poden citarse Pedagoxía dos valores en Galicia (2000), Política educativa en Europa después de Maastrich (1997) ou Teoría y práctica de la educación intercultural (1994). En colaboración coa noiesa Mar Lorenzo Moledo, tamén pedagoga, publicou obras como Inmigración e acción educativa en Galicia (2003) ou Universidade e construcción da sociedade civil (2007).

Quen queira ter ideas claras sobre a situación do ensino no noso país ten, certamente, que acudir ás obras do profesor Santos Rego, pois as súas propostas non se limitan a amosar a realidade, senón que pretende facer propostas para o futuro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Un pedagogo sonense