A polio e os seus efectos

Vicente Abelleira Cambeiro CAIXA DE CORREO

OUTES

24 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Envíe os seus textos a redac.barbanza@lavoz.es

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Loita Contra a Poliomielite e seus efectos. Nestes días estamos a asistir, sobre todo dentro das redes sociais, a diversos tipos de reivindicacións e á celebración de eventos para a concentración dos afectados de polio diante das portas do Ministerio de Sanidade en Madrid. Todos sabemos que neste país houbo unha neglixencia sanitaria de 1954 a 1964 e que o goberno franquista negou tal neglixencia, afirmando que non había casos de poliomielite, disfrazando o feito de parálise infantil. Estas plataformas ou grupos como 18 de junio 2016. Concentración niñ@s de la polio y spp (Facebook) están a facer un labor importante, como pode ser que se inclúa a problemática da polio da futura Lei de Memoria Democrática. Moitas reivindicacións dos afectados están recollidas, por Rosa Hernanz Herrera, nunha publicación deste 15 de outubro, da que vou a por unhas pinceladas, resumidas de este xeito:

«Que as próteses e axudas técnicas sexan costeadas ao cen por centro pola Seguridade Social, pensións dignas para os que nunca traballaron equiparables co Salario Mínimo Interprofesional, investigación e preparación de profesionais en temas de poliomielite e SPP (Síndrome Post Polio), elaboración dun censo de polio e síndrome post polio por parte de Ministerio de Sanidade; entre as principais reivindicacións».

O 10 de outubro, os colectivos Associats de Pòlio i Postpòlio de Cataluña e Euskadiko Polio Elkartea facían un escrito aos Ministerios da Presidencia e de Dereitos Sociais e Axenda 2030, cuxos titulares das carteiras son María del Carmen Calvo Poyato e Pablo Iglesias Turrión, facendo como reivindicación principal a inclusión da Lei da Memoria Democrática. Tampouco estaría demais que outros colectivos integrados en COCEMFE ou COGAMI apoiaran ditas reivindicacións, dado que tamén forman parte do colectivo de persoas con mobilidade reducida.