O obxectivo é achegar a información aos veciños afectados
26 sep 2019 . Actualizado a las 11:04 h.O número dous do BNG de Outes, Anxo Núñez, foi o encargado de elaborar un mapa interactivo para situar os novos parques eólicos proxectados no municipio. A información, creada a partir dos datos proporcionados polo Rexistro Eólico de Galicia, clasifica por código de cores os diferentes elementos presentes nos parques da contorna, indicando a súa tipoloxía -aeroxeradores, aeroxeradores coa etiqueta MIN, subestacións e torres meteorolóxicas-.
O mapa interactivo, publicado o luns e dispoñible na páxina de Facebook da formación, pretende achegar información de interese para asesorar e orientar aos veciños, tal e como explicou a voceira do BNG de Outes, María Xosé Suárez. O proxecto está nun estado moi avanzado e próximo a saír publicado.
Consultar os datos
O grupo nacionalista conta con que se publiquen os proxectos dos parques previstos para o concello antes de finais de ano. Por outra banda, para acceder ao mapa interactivo, ademais de acudir ao perfil de Facebook da agrupación nacionalista de Outes, pódese realizar unha procura dende a propia ferramenta de My Maps, un apartado de Google Maps.