Última hora
El Tribunal Supremo anula el nombramiento de Dolores Delgado como fiscal de Memoria Democrática

Manuel Seijas: «A xente venos como unha alternativa moi sólida»

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez NOIA /LA VOZ

NOIA

CARMELA QUEIJEIRO

O cabeza de cartel da Marea Cidadá de Noia concorre por segunda vez aos comicios

20 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Marea Cidadá de Noia concorre por segunda vez a uns comicios locais e faino repetindo candidato. Manuel Seijas preséntase optimista pola resposta que reciben dos veciños e polo aval dos últimos catro anos «liderando a oposición».

-Cre que a cidadanía ten esa percepción? A de que lideraron a oposición?

-Non é que o creamos nós, quen seguiu a actualidade municipal puido ver que levabamos a voz cantante, e a quen se dirixían os veciños ante un problema era a nós focalizándonos como líderes da oposición. Polo labor de fiscalización, polas propostas que fixemos, pola información que difundimos e polo traballo feito creo que podemos dicir que si o fomos.

-Cal é o obxectivo na súa segunda participación nunhas eleccións?

-Unha vez que lideramos a oposición, o noso obxectivo agora é liderar un goberno progresista en Noia.

-Cre que é factible?

-Nas últimas convocatorias en Noia houbo un voto claro ás formacións progresistas e de esquerdas e ao espazo que ocupamos nós.

-Pode pasarlles factura a crise nas mareas a nivel autonómico?

-O mal que o fixeron arriba non nos vai influír, porque a xente venos como unha alternativa moi sólida e á hora de votar vai valorar o traballo feito, porque aquí non houbo crise de ningún tipo. É máis, deberiamos ser un exemplo de unidade popular para o resto de Galicia.

-Conte algunha das súas propostas.

-Para nós é importantísimo o centro de día, a escola infantil, a apertura de Xuíz Falcone, a biblioteca e a inclusión de Noia na área de transporte metropolitano.