MANUEL FABEIRO GÓMEZ (1916-1992)
28 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Máis de cincuenta anos estudando a historia da súa vila natal, Muros, e da súa vila de adopción, Noia. Historia, heráldica, literatura popular, crítica literaria, ningún saber lle foi alleo. Mais tamén o misterio da poesía, da poesía orixinal e a das traducións. En 1951 publica Follas de un arbre senlleiro, onde reúne moitos textos que andaban espallados por revistas e xornais, nunha poesía que une saudade da terra, sentido relixioso, panteísmo e vencello emocional aos lugares da biografía íntima. O outro poemario, Cachemare da saudade (1953), está sen editar integramente. Outros textos aínda en revistas e xornais como La Noche, Eufonía, Vieiros, Alba, Sonata Gallega, Tapal¿ Máis sorte tiveron os seus estudos históricos recolleitos en Páxinas históricas de Noia e Páxinas históricas de Muros. Fican por recoller as súas críticas literarias en galego e español, moitas prosas líricas, as súas traducións, un labor que comezou en 1936 en A Nosa Terra. Poesía «encheita de saudades e busca nas lonxanías acougo de eternidades».