«A imaxe que dá non é boa para o pobo»

La Voz

NOIA

O aspecto que ofrece este parque é pésimo. A imaxe que dá non é boa para o pobo de Noia. Colocaron uns contenedores soterrados, pero aínda así a cousa non mellorou moito. Penso que tiñan que poñer uns xogos para os rapaces, quitar a maleza e procurar que a xente non deixe o lixo fóra dos recipientes. Tal e como está, dá igual que poñan un letreiro no que se prohíba deixar excrementos de cans porque penso que pouco mal lle poden facer estando o sitio como está. I. T.. O Son.