Absurdo

MAR DOPICO

NOIA

OS POLÍTICOS, ás veces, enfráscanse en discusións absurdas sobre o divino e o humano que non fan máis que durmir ó auditorio de turno. En Noia, acude moita xente ós plenos ordinarios. Debe ser por iso que os representantes municipais se sinten coma protagonistas do seu propio clube da comedia e falan ata a saciedade, incluso remontándose a décadas pasadas da historia da vila.