Medio cento de veciños de Muros prestaron a súa voz para o Proxecto Nós

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

MUROS

A alcaldesa de Muros, María Lago, tamén doou a súa voz
A alcaldesa de Muros, María Lago, tamén doou a súa voz Cedidas

A iniciativa busca que a lingua galega sexa incluída e recoñecida en todas as ferramentas dixitais

30 oct 2024 . Actualizado a las 20:57 h.

O Proxecto Nós, que impulsa a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta e a Universidade de Santiago, tamén terá representación muradana, posto que máis de medio cento de veciños sumáronse a iniciativa e cederon as súas voces para esta iniciativa que ten como obxectivo que a lingua galega sexa incluída e recoñecida en todas as ferramentas e dispositivos dixitais.

Os participantes tiveron que acudir a aula de informática do Cemit para participar en esta xornada de captación de voz na que quedaron gravados os textos que leron. Entre os colectivos que se animaron a participar no proxecto estaban representantes da asociación de mulleres rurais Os Hórreos, dos colectivos Ponte Vella, Praia do Castelo, Longarela, Agrocovo, Rumial e Anajata, ademais de membros da comisión de festas do Carme de Louro e alumnos do instituto Fontexería. A alcaldesa, María Lago, tamén doou a súa voz xunto a outros membros do goberno local, como a concelleira de Lingua, Laura E. Rivadeneira; o de Servizos Sociais, MArio Martínez: a responsable da área de Muller, Maruxa Martínez; ou o de Deportes, Damián Torea.

Ademais de Muros, Ribeira foi outro dos 16 concellos seleccionados polo Instituto da Lingua Galega para sumarse ao proxecto.