Vellos contentos

MAZARICOS

DESDE FUERA | O |

22 ago 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

SE VOSTEDES son prudencialmente madrugadores, para ser sábado digo, saberán que a esta hora máis de mil vellos, (debería dicir maiores por esa tolería da linguaxe politicamente correcta na que os xordos son deficientes auditivos, os calvos simplemente alopécicos ou os negros persoas de color), van a estas varias horas en autobús camiño da quinta edición da festa que lles organiza na súa honra o Concello de Mazaricos. Nada novo pois xa o fixeron antes ou farán en próximas datas tódolos ayuntamientos da comarca. Nunca tanta alegría se viu coma nestes días entre os nosos maiores, o do politicamente correcto, xa ben, é so acostumarse. Están esperando como pola auga de maio que chegue o día. Hoxe non importa nin a tensión, nin o colesterol, nin o ácido úrico. Hoxe non se lle chora nin ó viño nin ó sal nin ó picante. Particularmente teño dividida o cincuenta por cento a miña opinión sobre este tipo de eventos. Por un lado, paréceme simplemente unha cuchipanda artillada polos políticos de turno, xa se imaxinan con qué intención, e por outra, son un sentimental, paréceme algo totalmente entrañable e necesario, que nos sirve ós novos para entender mellor ós vellos e facer o posible por que se sintan ben.