Carlos Rodríguez Muñiz: «O executivo do PSOE é o máis ineficiente da historia da democracia deste municipio»

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez RIBEIRA

BOIRO

MARCOS CREO

Defende que Ciudadanos se puxo do lado do executivo para facilitar a gobernabilidade

05 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

É a súa primeira incursión na política municipal como cabeza de lista de Ciudadanos, pero Carlos Rodríguez Muñiz ten claro que un executivo composto por cinco concelleiros non é suficiente para un municipio coma o de Boiro.

-Qué papel xogou o seu partido nestes dous anos?

-Ninguén pode negar que dende o primeiro momento no que este goberno tomou posesión Ciudadanos púxose do seu lado intentando contribuír a facilitar a gobernabilidade de Boiro. Non foron poucas as veces que saímos ao rescate co fin de evitar a parálise do Concello.

-Con todo, non se pechou en banda no seu momento á posibilidade dun acordo para unha moción de censura.

-Hai datos absolutamente obxectivos que retratan con nitidez as limitacións desde equipo de goberno. O primeiro, e que condiciona todos demais, é o feito de tratar de gobernar un Concello coma o de Boiro con cinco edís. Non hai antecedentes en ningún goberno anterior na historia de Boiro que, dous anos despois e por segundo exercicio consecutivo, non teña elaborado os orzamentos. As consecuencias son dunha enorme repercusión en tanto que condiciona e limita, xa non só a xestión do executivo, senón que condena aos boirenses a non poder ter investimentos.

-Non fai un retrato demasiado positivo do goberno.

-O executivo do PSOE é o máis ineficiente da historia da democracia deste municipio. Non podemos máis que ver con preocupación o horizonte das futuras xeracións.