A taza do váter

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

CESAR TOIMIL

20 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

reflexión sobre elementos cotiás é escasa na nosa sociedade. Chamámoslle váter ao que tecnicamente é un inodoro, palabra que vén do latín inodorus, pese a ser un lugar que raramente está exento de olores. Pareceunos máis fino usar un termo derivado do inglés water-closet, “armario de auga”, unha denominación pouco intuitiva. Mellor sería seguir o exemplo portugués e chamarlle sanita, palabra que evoca saúde, algo ligado á función do aparato.

Os italianos, en cambio, optan por gabinetto, moi acaído porque moitos van ler o xornal ou mirar o móbil sen interferencias, converténdoo en despacho.

En España, chamámoslle taza del váter, aínda que carece de asas e non se usa para beber. Traducido ao galego, taza sería cunca, e a expresión “cunca do váter” semella unha hipérbole lingüística. Sexa cal sexa o nome, o váter componse dun elemento principal, a fonte —como a chamou Marcel Duchamp—, cisterna (elevada, acaroada ou oculta) e de dúas tapas: unha para sentarse e outra para ocultar o interior e os seus cheiros.

Hai quen utiliza o váter sen baixar a tapa superior, deixando á vista o interior; e quen o usa de pé, sen levantar a tapa inferior, mollándoa por falta de puntería. Pensemos nos deseñadores que pensaron cada peza para unha función concreta: baixemos as dúas tapas ao marchar, por hixiene, por sentido común e por respecto aos demais, tanto nos públicos como nos domésticos, onde calquera obxecto que manipulamos —un cepillo de dentes, un rollo de papel— pode acabar no interior. Este acto de coidado é unha reflexión sobre civismo, que revela moito sobre nós.