Por Europa

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

BARBANZA

Bandera de Estados Unidos y de la Unión Europea
Bandera de Estados Unidos y de la Unión Europea Eduardo Madroñal

Aclárase en como nos involucramos cada un de nós coa xestión europea e o que esiximos dela

10 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

recente publicación do documento estratéxico nacional dos Estados Unidos puxo sobre o papel algo que xa se sabía de tempo atrás en todas as cancillerías europeas: o pacto —tanto ten se implícito ou explícito— entre Rusia e os Estados Unidos por esgazar a Unión Europea e enfeblecer a súa capacidade de influencia. O asunto é moi serio e non se pode tomar á lixeira, porque se algo temos os europeos é experiencia en saber como se precipitan os acontecementos.

Pero ao ver estes documentos eu sobre todo pensei ao xogo sucio que durante moito tempo se practicou nos países do sur, e que puidemos ver en directo en Galicia. Como os políticos agachaban que o diñeiro que modernizou boa parte das nosas infraestruturas e equipamentos procedía de fondos da Unión Europea, e como cando había algún problema se lle botaba a propia culpa ao entramado da Unión Europea.

Na dificultade para formar unha conciencia común non foi menor a intención perversa de políticos estatais, autonómicos e locais de instrumentalizar un estatuto de poder que estaba demasiado lonxe como para protestar. E tampouco axudou unha esquerda que servía máis ben os intereses de Rusia ou unha ultradereita actual que agora sabemos tamén a que axenda corresponde.

Creo que entre todos debemos poñer moito de nós para evitar un desastre. E isto non se decide nas altas esferas. Aclárase en como nos involucramos cada un de nós coa xestión europea e o que esiximos dela. Europa tamén se defende desde a costa galega. Pola conta que nos ten a todos.