Kiruna

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Imagen de archivo de la capilla de San Pedro de Muros en diciembre del 2022, cuando se derrumbó a causa de las fuertes lluvias.
Imagen de archivo de la capilla de San Pedro de Muros en diciembre del 2022, cuando se derrumbó a causa de las fuertes lluvias. MARCOS CREO

igrexa de Kiruna, en Suecia, foi trasladada case cinco quilómetros para salvala do avance dunha mina. Un fito extraordinario que aquí semella impensable. Primeiro, porque as nosas igrexas non son de madeira nin se poden cargar sobre rodas; se se tratase dunha igrexa de pedra, o máis viable sería desmontala e volver montala pedra a pedra. Segundo, pola nosa orografía: Galicia apenas conta con catro vales amplos e chans, e sería imposible desprazar un templo enriba dunha costa ou dun outeiro.

Pero o problema non é só técnico, senón tamén cultural. Basta lembrar a capela de San Pedro de Muros, derrubada no 2022 e aínda hoxe coas pedras esparexidas no chan. Por un lado, a Igrexa, propietaria dun enorme patrimonio pero sempre dicindo carecer de recursos; por outro, unha sociedade que non se mobiliza nin ergue a voz cando o patrimonio común se esfarela. No medio, Concello e Xunta, atrapados entre burocracias, portas pechadas e unha indiferenza institucional que perpetúa o abandono.

En Galicia, se unha mina obrigase a mover unha igrexa, o máis probable é que a derrubasen. As pedras, logo, acabarían repartidas: unhas para levantar valados, outras para mellorar casas, e algunha quizais para adornar un xardín. E con iso perderíase unha parte irrepetible da nosa memoria colectiva, asumindo con normalidade o que noutros lugares é defendido como símbolo de identidade.

Non quero ser derrotista nin estigmatizar ao noso pobo, so espertar conciencias sobre o ricos que somos e o pouco que valoramos o noso. A nosa identidade debe seguir sendo impune á indiferenza e ás trabas.