Varios actos leváronse a cabo no cine Elma por mor da chuvia
21 feb 2025 . Actualizado a las 15:22 h.O mal tempo propiciou que unha parte dos actos promovidos na Pobra para lembrar a Rosalía de Castro se levasen a cabo no interior do cine Elma. Alí realizaron o seu recital musicado alumnos dos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú, espectáculo que concluíu coa actuación dos Quinquilláns.
Na praza que leva o nome da escritora do Sar levouse a cabo despois a ofrenda floral, que se retrasou considerablemente pola chuvia, e tamén a degustación do caldo de gloria.