«Hotel Carioca» de Antón Riveiro Coello, finalista no premio literario San Clemente

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

Antón Riveiro Coello, na presentación do seu libro.
Antón Riveiro Coello, na presentación do seu libro. MARCOS CREO

O certame está impulsado polo instituto Rosalía de Castro e a Consellería de Cultura

23 may 2024 . Actualizado a las 17:13 h.

O libro Hotel Carioca de Antón Riveiro Coello acaba de ser elixido como un dos tres finalistas na categoría de novela en lingua galega do premio literario Arcebistpo Juan de San Clemente. O certame está impulsado polo instituto Rosalía de Castro de Santiago e a Consellería de Cultura, e a obra de escritor boirense competirá co Diario de dúas casas, de María Villamarín e O ano das mazás, de Montse Ferreira Fervenza.

 No apartado de lingua castelán os traballos seleccionados foron La naturaleza secreta de las cosas de este mundo, de Patricio Pron; Literatura infantil, de Alejandro Zambra; e No te veré morir, de Antonio Muñoz Molina; mentres que na sección de lingua estranxeira quedaron finalistas Una salida honrosa, de Èric Vuillard; Miradnos bailar, de Leïla Slimani, e El retrato de casada, de Maggie O'Farrel.

 Alumnos do IES Rosalía de Castro xunto con outros de nove institutos de Galicia, Madrid, Francia, Alemaña e Reino Unido conformarán o xurado que elixirá aos vencedores desta edición, que se darán a coñecer no vindeiro curso académico.