Cen euros

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Carlos Luján | EUROPAPRESS

«Traballar gratis, tras anos de formación e especialización, só pode ser alma de artista»

21 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O espírito bohemio e altruísta dos arquitectos leva moitos anos callado na sociedade. Certo é que causado polos propios arquitectos, alomenos por algúns que o puxeron en marcha. Traballar gratis, tras anos de formación e especialización, só pode ser alma de artista, pero hai que comer, como os demais, e hai que pagar facturas, como os demais.

Querería que viran a cara que poñen algúns cando lles dis que lles cobras cen euros por darlle o valor da súa propiedade, un traballo que pode facer alguén que ten fondos coñecementos inmobiliarios e construtivos, que patea ao propio inmoble para ulilo, retratalo e xeolocalizalo, que despois consulta o planeamento urbanístico, a situación do ben na cidade, que analiza o mercado similar, e que lle entrega un documento co valor de mercado.

Esas mesmas persoas que cinguen o rostro polos cen euros van a calquera outro especialista médico, que non se despraza ata a súa casa, e que lles cobra tras un análise similar, cunha formación similar. Ou chaman a un fontaneiro porque teñen unha fuga que se resolve en dúas horas, ou que pagan cen euros por un menú degustación no restaurante de moda, ou que levan móbiles de última xeración de 1.800 euros, ou que van de fin de semana a un balneario.

Fago unha chamada aos compañeiros arquitectos: Hai que cobrar polo noso traballo!, non soamente polo tempo empregado senón polos cartos investidos en formarse. Se alguén pregunta canto vale a súa finca ou a súa casa é porque necesita un profesional que llo diga, se non non viña.

Cen euros non parece tanto por unha opinión experta.