Suscríbete 1 año y te regalamos 140 días gratis
Quiero la oferta

Moito que andar

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

09 nov 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai pouco tiven unha conversa informal cun candidato a alcalde sobre rehabilitación, rexeneración urbana e urbanismo. Argumenteille as razóns obvias polas que interesa ter plans de protección dos centros históricos, porque ante a falla de conciencia e amor polo patrimonio é o único xeito de conservalos co máximo respecto. A súa reacción inmediata foi dicir que limitaba a liberdade dos propietarios e o seu sometemento a unhas ríxidas normas e criterios cos que a maior parte da xente non concordaba.

O feito de someterse aos criterios estéticos de patrimonio e dos convenios internacionais, no canto de facer o que lle pete a cada un, foi posto sobre a mesa como unha eiva en contra de normativizar as intervencións sobre as casas. O meu contraargumento foi que, como se fai no resto de Europa, o mundo camiña cara esa meta, e vivir en lugares como Allariz, Muros, Corcubión ou Compostela era un luxo cada vez máis devecido polas novas xeracións.

Entón el tratou de levarme a contraria dicindo que Santiago estaba perdendo poboación porque estaban moi constreñidos polas normas de boa restauración que eu lle mencionei, ao que lle contestei que marchaban da cidade histórica por culpa do turismo en masa. Entón xa o deixei descontrolado, porque o turismo era un dos seus argumentos de futuro.