Incertezas 2

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

06 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

parte das ameazas que implica a subida do prezo da construción e que non acadarán paralelismo na subida do prezo de venda porque e estrutura social non o soporta polas incertezas laborais e comerciais, asistimos á ralentización dos procesos, por mor do secuestro das compoñentes electrónicas por parte de sectores estratéxicos mundiais que non permiten completar a instalación dos elementos que compoñen un edificio.

Compoñentes, accesorios e a imposibilidade da simultaneidade nos oficios distintos para os traballos nas obras. Era habitual que fontaneiros e electricistas coincidiran cos carpinteiros e albaneis no mapa das construcións, algo que coa pandemia non está permitido polo que os prazos de entrega van ser máis dilatados do previsto.

Esa ralentización vese acrecentada polos prazos de concesión das licencias. Coa chegada da dixitalización e da automatización das administracións, lonxe de axilizar a burocracia axudou a facela máis lenta, porque réxese por parámetros que non dependen do sentido común, senón da parametrización, dos procesos das máquinas. Non parece normal que unha autorización pública tarde dous anos en concederse, prazo que pode incrementarse se depende de varias administracións (Patrimonio, Augas, Costas, Medio Ambiente).

Outra ameaza latente que a pandemia acelerou é a falta de persoas cualificadas, e a ruptura da trazabilidade dos oficios, que se aprendían en serie. As novas xeracións non queren traballar no sector, nin queren aprender un oficio. Polo falso brillo das titulacións superiores.