Cacharros


Omeu labor de visitar casas por motivos profesionais permíteme facer unha fina clasificación dos tipos de interiores que conviven con nós. A maior parte delas está sobrecargadas de cacharros diversos: canciños amarrados con cadeas, pratos de varios tipos, esculturas de pasta ao estilo premios Goya, monumentos do mundo en miniatura, virxes, santos, froiteiros sen froita, carameleiras sen caramelos, sopeiras sen sopa, cinceiros sen cinza, reloxos sen pilas, flores artificiais, e seguiría así unha longa lista.

Dende que os televisores son planos, desapareceron a flamenca, o carro de vacas, o hórreo e o touro da repisa superior, pero é difícil atopar un moble sen cousas inútiles enriba. Todos temos algo de Diógenes, uns máis que outros, e imos coleccionando os estériles agasallos que distribúen nas vodas -se non van parar ao faiado-, ou aqueles souvenirs que traen os familiares das viaxes, e que din «Estuve en Cuspedriños y me acordé de ti». Mellor que non se acordaran, nin uns nin os outros, porque ou ben tes un faiado grande ou non sabes que facer.

Tras toda esta quincalla hai miles de postos de traballo -moitos deles en China-, que traballan na fabricación de baratillas para agasallar. Hai un punto de colaboración co cambio climático, prescindible, pero é o modelo que nos fomos impoñendo no tempo.

Acumuladores de po, que hai que limpar, ocupas de espazo que non aportan nada. Hai algúns que sorprenden ao máis incrédulo.

Capítulo á parte merecen os lombos de libros sen páxinas para decorar os andeis, como se fose unha biblioteca de verdade ou os cadros que regalan cos mobles.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
11 votos
Comentarios

Cacharros