O peor ano


A cultura foi unha das grandes damnificadas deste dramático ano 2020 que agora remata, o peor dos que coñecemos os que estamos vivos. Aínda que moitos tipos de cultura poden ser consumidos a distancia e mediante dispositivos electrónicos, o máis salientable deste eido gózase en vivo e en directo. Porque a cultura é un feito colectivo, no que interveñen as emocións, os vínculos e a complicidade. Sen estes factores, o consumir convértese en protagonista por riba de compartir, e o feito cultural semella non estar completo.

Moitos proxectos culturais previstos para este ano quedaron no tinteiro. Á marxe do vendaval do Xacobeo, centos de exposicións, congresos, rutas, encontros, concertos, tiveron que ser suspendidos por preservar a saúde, pero tamén porque a cultura hai que gozala de xeito relaxado e en silencio. Foi un ano demoledor para a cultura, e foino tamén para o patrimonio cultural e natural, porque os depredadores territoriais e os espoliadores non foron confinados como foron os inspectores encargados de levantar actas, tamén os observadores do territorio, a xente do pobo.

Houbo meses nos que os intrépidos madeireiros arrasaron carballeiras e soutos sen control ningún, porque os veciños das aldeas próximas e os da Xunta estaban confinados. Houbo meses nos que os desmontadores de pedras deambularon ceibos entre aldeas abandonadas espoliando o que nos pertence a todos, porque non había a quen recorrer: os funcionarios teletraballaban e sen autorización de saída. Incautos de nós, non soubemos ver esa ameaza, obnubilados polas novas sobre a pandemia.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
13 votos
Comentarios

O peor ano