Un muradán en Santo Domingo

Pastor Rodríguez analiza a obra de José María García Rodríguez

O escritor, nunha fotografía quitada en Muros no 2002
O escritor, nunha fotografía quitada en Muros no 2002

A Voz de Barbantia

José María García Rodríguez nace en Muros o 6 de febreiro de 1912. Licenciado en Dereito, xuíz e maxistrado de Traballo en 1944. Emigra á República Dominicana en 1945, onde foi chanceler do Consulado español ata 1963, ano no que pasou a exercer en Porto Rico. Cultivou o xornalismo, a poesía, a novela e a biografía. E 1979 veu visitar a súa vila natal. Autor de novelas históricas como Princesa de Francia en Castilla e de biografías como Doña María de Molina ou Ambrosio Spínola y su tiempo. Publicou ademais o libro de relatos Cuentos de cornudos y otras picardías (1973), obras históricas como Guerra de Independencia (1808-1814) e Don García Hurtado de Mendoza, el vencedor de Caupolicán. A partir de 1973 adícase á poesía en lingua galega e nesa data publica Río Tambre. Virán logo varios poemarios máis, entre eles, Poemas da morte do guerrilleiro e do vello das brancas guedellas (1976), Brasil. Historia, xente e samba-canción (1977), Unha monxa portuguesa. Sonetos do seu amor (1979) ou Os mártires de Carral. Poema maior dos Mártires Galegos ou da redenzón (1981). Tamén en galego cultivou a narrativa humorística en Libro de guía dos conselleiros que desmontan aos casados e descamiña aos solteiros (1987) ou Seis contos rabelos: cinco nosos e un alleo. Aínda é autor doutras obras como Tambre (1970) e dunha novela sobre a Guerra Civil.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Un muradán en Santo Domingo