Desde que os partidos políticos teñen a capacidade de medir ao minuto as reaccións do seu público nas redes sociais e acceden á información da audiencia televisiva ou doutros medios con facilidade, vivimos instalados nunha campaña continua. O clima de demagoxia e confrontación continua xa nos creou unha costra mental de cinismo necesaria para sobrevivilos.
Hai algunha (non moitas) diferenzas entre Juego de tronos e o poder no mundo real, pero o punto no que a serie diverxe máis dunha campaña electoral está en que as personaxes de Juego de tronos son conscientes dos problemas do mundo que lles rodea.
Mentres a maior parte dos nosos políticos discuten na televisión sobre parvadas e imaxinarios, mentíndonos cunha abraiante indecencia, a economía e a política globais están a redefinir todo o planeta como un vendaval invisible, creando oportunidades e pozos negros.
Non lles vin interese ningún en advertir e propoñer solucións para competir nun mundo que vai ser cada vez máis duro. Se cadra porque non saben como facelo.