A FICHA

La Voz

BARBANZA

La entidad noiesa está formada por cerca de 1.500 asociados

04 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

PATRÓN MAYOR

Santiago Cruz Martínez. Armador do colectivo de marisqueo a pé. Dirixe a entidade dende o ano 2001.

 XUNTA XERAL

Formada por 25 membros. Do colectivo de empresarios resultaron elixidos os seguintes integrantes: Juan Caamaño, Vicente Izquierdo, José Maceiras, Modesto Molinos, vicepatrón maior, segundo; Eugenio Romero, Manuel Louro, Juan Carlos Moledo, Manuel Louro, Arturo Díez, Segundo Louro, Francisco Martínez, José Louro Ferreiro. No grupo de traballadores están Daniel Lareo, Rafael Mariño, Arturo González, Juan Carlos Otero, Diego Boquete, Domingo Villaverde, Jairo Leis, Ernesto Pazos, José Ramón Pais Silva, que é o vicepatrón maior primeiro; Francisco Rama Fernández Gabriel Amado e Marisol Amado Tajes, que é a nova presidenta da agrupación de mariscadores a pé.

 SOCIOS

Un total de 1.438. Trátase da entidade con maior número de membros de Galicia. Recentemente acaban de incorporarse outros 52 mariscadores de a pé, para cubrir as vacantes de profesionais xubilados e está previsto que o vindeiro ano haxa máis incorporacións. A esta cifra hai que sumar outros 71 produtores da confraría de Muros, que non son socios pero que traballan nas concesións en virtude do acordo entre ambos pósitos. Do colectivo de a pé forman parte actualmente 367 persoas, pero a intención é chegar ás 395 o ano que vén. A flote hai 1.059 e outros 12 socios pertencen sector de artes menores.

 FACTURACIÓN

Ano 2017. A confraría de Noia tivo durante o pasado exercicio unha facturación bruta de 17.943.883 euros.

 TRABALLADORES

Un centenar de persoas durante a campaña extractiva. O inicio da actividade marisqueira de Noia eleva a un centenar a cantidade de traballadores do pósito, xa que se contrata a vixiantes, persoal de limpeza, pesado das capturas, control do calibre ou a carretilleiros, entre outros. A confraría ten un cadro fixo de 22 profesionais, entre persoal administrativo, bióloga, técnicos e contables, así como oito vixiantes durante todo o ano. A cifra destes últimos elévase a 16 durante o período extractivo. Así mesmo, unhas 20 persoas son fixas descontinuas, de maneira que son dadas de alta como empregados cando os produtores regresan aos areais.