O Concello de Mazaricos divulga o certame Modesto Rodríguez

La Voz MAZARICOS / LA VOZ

BARBANZA

12 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Mazaricos contribúe á impulsar a edición número 44 do certame galego de narracións breves Modesto Rodríguez Figueiredo, organizado pola Fundación Pedrón de Ouro. Trátase do concurso máis antigo de Galicia neste eido, que na súa longa historia tivo como gañadores a autores da relevancia de Méndez Ferrín, Darío Xoán Cabana, Rosa Aneiros ou Xavier Alcalá.

Co propósito de darlle a maior difusión posible, a Administración local decidiu dinamizalo pola zona co propósito de favorecer unha maior participación de persoas.

Quen desexe remitir algún texto pode facelo ao Concello ata o 1 de novembro. O escrito debe ter entre 5 e 30 páxinas. O gañador recibirá un premio de mil euros e a organización entregará, se o xurado o estima oportuno, dous accésits de 400 euros.

As bases completas do concurso poden verse na páxina web do Concello.