Alberte Pagán presentará nova novela en Boiro

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

12 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Libraría Nobel (Boiro) • 20.30 horas • O escritor e cineasta Alberte Pagán ten unha nova novela, Percorridos por unha teoría do desexo, que o vindeiro venres presentará na libraría Nobel, no marco dun acto apadriñado pola asociación Barbantia. Ademais do autor, está previsto que interveñan Xerardo Agrafoxo, historiador e narrador, e Rosa Tubío, a responsable do espazo lector. No local instalarase unha urna para a recollida dos votos dos Premios Barbantia da Cultura.