Augas Ferras, en Brión


Nesta nosa terra chea de ríos e regatos, as fontes e os mananciais achegan moitos hidrotopónimos, parte dos cales están ligados á cultura da hidroterapia. A auga, quer inxerida, quer en forma de baño, está connosco dende a antigüidade como elemento procurado de saúde, mais tamén ligado ao turismo, certamente elitista, dos antigos balnearios. No concello de Brión, nas parroquias dos Ánxeles e Bastavales, temos dúas fontes chamadas Augas Ferras. Tamén na Cañiza existe un manancial chamado Augas Férreas, usado como bebida medicinal até os anos 30, con pretendidos efectos antianémicos e reconstituíntes e como remedio de afeccións renais. Esta fonte formaba parte dos servizos dun balneario, hoxe abandonado, que engrosa o chamado «patrimonio hidromineral» da nosa comunidade. Tamén no Brasil a primeira fonte de augas ferruxinosas (abundantes en ferro), sita no sur do Rio de Janeiro, leva por nome Águas Férreas. Ficou coñecida como Bica («chafariz» en portugués, en galego «cano por onde sae auga») da Rainha, e foi inmortalizada nunha pintura de María Graham.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Augas Ferras, en Brión