A procesión marítima será o prato principal

Ribeira / La Voz

BARBANZA

08 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Porto do Son celebrará hoxe o seu sentido homenaxe á raíña dos mares, a Virxe do Carme. Unha xornada chea de festa, música e tradición que arrancará co grupo de gaitas Rumbía e coa agrupación musical Virxe da Amargura de Ferrol. Ambos recorrerán as rúas da vila para aportar as súas sintonías aos festexos.

10.30

A virxe sairá en procesión dende a capela da Atalaia con destino á explanada portuaria.

11.00

Comezará a misa solemne no peirao sonense. A coral Aturuxos de Porto do Son será a encargada de poñer as súas melodías para darlle máis sentimento ao rito. Ao remate do oficio relixioso, sairá a procesión marítima. Á chegada dos barcos a terra, a agrupación de Ferrolterra dará un pequeno concerto na zona portuaria.

22.30

As orquestras Olympus e La Phila porán a súa música á disposición de veciños da vila e visitantes. A primeira farao na zona portuaria, arredor das 22.30 horas. Pola contra, La Phila comezará o seu primeiro pase uns minutos despois da media noite.