Como chove miudiño polas orelas do LeePoesía

ROMÁN ARÉN

BARBANZA

17 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ten xa o noiés Martín Veiga (1970) unha traxectoria consolidada como poeta, gañador de importantes premios (Espiral Maior, Esquío, Fiz Vergara Vilariño), que confirma agora con este Diario de Crosses Green, no que en lírico nos fala dende o aforismo poético ao que une a poesía, nunha mestura equilibrada de experiencia vital e cultura, unha ponte entre a cultura irlandesa e a cultura galega, onde os termos chave son a auga e o tempo, o fluír da vida, pois que confire ao poemario un ton elexíaco.

Xa dende a súa primeira obra, Tempo van de porcelana (1990), é esencial na súa poética unha nostalxia e unha conciencia do temporal que lle dan á súa obra unha gran unidade. Perfecto equilibrio nun diario vital que consegue conxugar a experiencia vital e o culturalismo, as dúas orelas atlánticas, a prosa poética e o verso, a descrición e a alusión, ese «tránsito da vida que sen pausa recomeza». A vida real que impide o solipsismo, pero non o sentimento nin a reflexión, que «non é literatura: emanación da vida, desembocar da existencia, a poesía», para, tras a vertixe e o fluír, «ficar no amor, alí onde flores ventureiras / abren á luz as ánimas que o entardecer clausura...».

«Diario de Crosses Garden»

Martín Veiga

Ed. Kalandraka (Pontevedra, 2016) 105 páxinas