A fe sen obras

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

03 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Recibín un curioso e-mail masivo dun xornalista amigo, José Antonio Artero, xa xubilado, co seguinte asunto «Dime con quién andas...», que o gran Cervantes, na súa novela Don Quijote de la Mancha, transcribe, nun castizo castelán impecable, así «Dime con quién andas, decirte he quién eres», en referencia aos acontecementos políticos despois da configuración do 20-D, como se a repetición das eleccións fose unha traxedia, cando estamos diante dun acto do máis democrático e, baseadamente didáctico, xa que como escribiu o noso gran Ramón María: «Quién sabe del pasado, sabe del porvenir», o que seguro vai ser o axioma para os votantes desta segunda rolda.

Pero, ademais do pasado e do porvir que cita o noso esperpéntico autor, tamén é interesante analizar o presente xa que, aínda cun goberno interino e un parlamento provisional, a sociedade civil segue activa e currando, unha gran lección de que o rol dos gobernantes, sindicatos e demais políticos de hojalata é moito menos transcendental do que eles proclaman e moitos cren, ou quizais, peor aínda, como, poñamos por caso, a extravagante decisión de despopularizar os peiraos de A Pobra e Ribeira, o que lle pasará factura a Feijóo, agora mergullado no intervencionismo sociata.

Pero o máis peliagudo da cuestión está en interpretar o papel dos emerxentes se, como apuntan as enquisas, as maiorías absolutas remataron. Dicía o Apóstolo Santiago que a fe sen obras non serve para a salvación. Se polas súas obras non podemos ter moita fe no PP e no PSOE, cómpre facer un acto de crenza entre Cidadáns e Podemos. ¡Moi importante!