Melina Santamaría Parada
25 feb 2016 . Actualizado a las 21:03 h.1. O seu mellor momento para a lectura. Non hai un mellor momento, todos son igual de bos.
2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Pola sinapse, ou a opinión de amigos e familiares.
3. Que lle achega a lectura? Algunha moito como persoa, outra menos; pero todas me evaden do mundo real.
4. Os seus libros favoritos. Non sabería dicir. Un dos que máis me gusta é Rimas y leyendas, de Bécquer.
5. Un xénero literario. De ter que decantarme, sería o lírico.
6. Un personaxe e un espazo literario. J. Wallace, do libro Easy, de Tamara Webber. Como espazo, o de La emperatriz de los etéreos, de L. Gallego.
7. Que está a ler agora? Historias de cronopios y de famas de Julio Cortázar, e Game of thrones, de G. R. R. Martin.
8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Diego Ameixeiras. En inglés, Brenna Yovanoff.
9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Escribo, debuxo... e saio cos amigos, que tamén é importante.
10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Case todas, inda que hai moitas estragadas polo urbanismo moderno.