Minimalista coa ironía galega

La Voz

BARBANZA

A obra de Sarasquete estivo presente en numerosas exposicións dende que en 1984 empezou coa fotografía e, logo, xa coa escultura

29 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Gonzalo Sarasquete nace en Santa Uxía de Ribeira, A Coruña, en 1961. Licenciado en Belas Artes na Universidade de Salamanca en 1988. Influído polo movemento Atlántica dos oitenta, co que comparte os seus principios expresivos. Comeza no seo dunha arte étnica de carácter abstracto que, influenciada polo Minimal e certos autores españois e europeos, axiña apunta cara a un minimalismo-quente, fundamentalmente xeométrico, ao que incorpora unha fonda ironía que o liga de preto á tradición galega.

Dende 1984, fai exposicións de fotografía en Salamanca: De Viena a Escarabote, De lavar (1984); La rúa (primeira individual, 1986); Contorno I e (1987 e 1988); Vértice N. O. (1986, Béjar), Gastro-estigmas, individual (1998).

En Madrid: individual na Galería Villalar (1987); De invierno (1987); colectiva Acta 88; Premonicións, Galería Belarde (1989).

En Barcelona: Artexpo 2001. En Valladolid, individual T-Shirt 2001. En Badaxoz: Itinerarios, M.E.I.A.C. (2003). No 2011, colectiva en Nova York.

En Galicia: Para sabermos, individual Sargadelos, Santiago (1985); Vértice N.O., Ribeira (1985); Novíssimos, Ferrol (1986); Dimensións atlánticas, A Coruña (1988). For sale, Santiago (2011); De 2001 a 2013, individual retrospectiva, museo de Artes, Ribeira (2013) -textos de Quico Cadaval e outros-; Débedas e préstamos, MPG, Santiago (2015).

Dende os noventa vive e traballa en Mallorca, e participou en: colectiva Arte emergente (1997), Certamen Ciudad de Pollença e Ça coma (1998); A lúa de Mallorca, galería Sa Millió 20; Nit del art (2012).

Esculturas públicas e outras

Na rúa, Salamanca (1986); Dimensións atlánticas, U.I.M.P., A Coruña (1988); Oración polo sponsor, proxecto de escultura pública en Salamanca, trece metros de altura, pintado con asfaltec; O estómago do edificio, novos Xulgados de Salamanca, para OHL; Homes de cal, Ribeira (2010) -personaxes populares desaparecidos, a tamaño natural en TXT-; Valle-Inclán no Plaza, Ateneo Valle-Inclán, Ribeira (2012); O efecto Grenlandia (2013) -sesenta exemplares de fauna, en protesta contra o quecemento global-, Ribeira.