O mestre Suso Montero estréase con imaxes cheas de mensaxe

BARBANZA

A exposición de fotografías poderá visitarse na casa de cultura de Outes ata o 31 de decembro

02 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Casa de cultura de Outes???De luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Sábados, de 11.00 a 13.00 horas?? Unha instantánea feita en Varsovia dun libro medio queimado que resistiu á desfeita da segunda Guerra Mundial abre Supervivintes, a exposición de fotografías que ven de abrirse na casa de cultura de Outes, onde permanecerá ata o 31 de decembro. Son 35 imaxes de Suso Montero, mestre de adultos no instituto Campo de San Alberto e coordinador da Aula Mentor do mesmo centro, que dedica parte do seu tempo libre a mirar tralo obxectivo dunha cámara. Este conxunto de traballos constitúen a súa estrea a nivel expositivo: «Recolle fotos desde que empecei con esta afección, alá polos anos 80».

Para darlle forma a esta colección, Montero viuse obrigado a facer unha selección, tomando como eixo a supervivencia en todos os seus aspectos: «Expresa resistencia en lugares difíciles, inxustiza, amor, vida, morte...». Son imaxes en diferentes épocas e distintos lugares pero, como ben di o autor, a supervivencia é atemporal. Unha delas, por exemplo, pretende simbolizar a loita pola vida a través dun pequeno piñeiro que trata de abrirse paso a través da neve.

As mensaxes que xa de por si transmiten as instantáneas de Suso Montero complétanse con citas de García Lorca e Pablo Neruda, entre outros.