«A base estrutural do BNG é sólida, agora todo é ir para riba»

Marta Gómez Regenjo
Marta Gómez NOIA / LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

A renovación do partido deixou a León como líder comarcal

24 may 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

«Máis que decidir eu, decidiron por min». Así explica o sonense Xoán León o camiño que seguiu para converterse no novo responsable comarcal do BNG en Muros e Noia. Os retos que quedan por diante son importantes pero, asegura, a base é sólida.

-Despois duns meses moi convulsos no BNG, non parece un momento fácil para coller as rendas do partido na bisbarra.

-É máis difícil pola situación xeral que estamos a vivir e non tanto pola situación do BNG.

-Pero non negará que teñen desafíos por diante, sobre todo cando en varios concellos quedaron sen representación.

-Despois da asemblea xa se sentaron as bases do proxecto, a xente que non estaba de acordo xa marchou e sentáronse unhas bases sólidas. Proba diso é que na última reunións todas as decisións se tomaron por unanimidade. A situación é boa e a intención é reconstruír o partido.

-¿Buscan recuperar o terreo perdido?

-Cada un é libre de facer o que queira, pero se te presentas a unhas eleccións baixo unhas siglas a acta de concelleiro é do partido, e nese sentido si que quedamos tocados. Pero o que é a base estrutural está ben asentada. De feito, en algúns concellos houbo altas de militantes, por iso digo que as bases son sólidas e agora todo é ir para riba.

-¿Falouse xa de renovacións de cara ás municipais?

-Falouse porque en algúns concellos ten que habela. No caso do Son, a renovación é a que hai.

Xoán lEÓN rESPONSABLE DO Bloque DE Muros-Noia