09 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
As obras da exposición Arteleira son figuras humanas que expresan sentimentos e situacións. Destacan, por exemplo, A soidade, «feita cando coñecían a unha persoa moi importante»; A espera; A morriña; un par de pezas sobre a maternidade, Momentos ou O home imperfecto, «que está dedicada a un amigo meu ao que en varias ocasións deixaron as mozas».
Argibay recoñece que as representacións humanas constitúen a súa preferencia: «Gústame moito estudar a psicoloxía das persoas». Tres das pezas que poderán verse no centro de interpretación sonense ata o 4 de abril foron seleccionadas para outros tantos certames: o Isaac Díaz Pardo, o Antón Fraguas e o concurso de novos artista promovido pola Deputación.