«Comecei a tocar o nyckelharpa de forma autodidacta»

Rosa M. Gallardo

BARBANZA

É licenciado en Historia e exerce como mestre no instituto Fontexería de Muros, pero a gran paixón de Xan Aparicio é a música. Toca a gaita dende neno e agora decidiuse por un instrumento medieval moi pouco coñecido, a nyckelharpa. -¿Que tipo de instrumento é a nyckelharpa? -Trátase dun instrumento do século XIV de orixe sueco, é un instrumento de corda frotada similar á viola, aínda que cun engadido de teclado de chaves parecido ao da zanfona. O son pódese comparar coa viola, aínda que é máis profundo e antigo. -¿Como xorde o contacto con este novo instrumento? -Descubrino a través de grupos de música folk sueca. Hai dous anos espertei co instrumento na cabeza e dous meses despois tiña un nas miñas mans. Logo comecei a tocar de forma autodidacta, ás veces inventándome as miñas propias teorías. -¿Ofrece concertos a miúdo? -Si, colaboro cun par de bandas e preparamos concertos nalgúns bares. -Pero este tipo de música non é moi habitual en España, ¿coñece a máis xente que toque o nyckelharpa? -Manteño contacto con sete persoas que o tocan en toda a península. -E cando ten necesidade de reparar algo, ¿como fai? -Repároo eu mesmo ou acudo a un artesán de zanfona, xa que os dous instrumentos teñen gran parecido.