CASA DE CULTURA (BAROÑA) | 17.00 HORAS
13 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.A Concellería de Cultura de Porto do Son, que dirixe Xoán Pastor Rodríguez Santamaría programou para esta tarde a proxección da película A lingua das bolboretas, dentro dun ciclo de cine en galego para todos os públicos. A cinta, extraída de varios contos do libro Que me queres amor , de Manuel Rivas, narra a historia dunha infancia nun entorno rural case idílico sobre o que cerne a sombra do alzamento contra a Segunda República.