Trump especula con una hipotética retirada de las bases de Estados Unidos en países como España y Alemania
Cousas da xente El alcalde, Isaac Maceiras, recibiu a una representación de los tres institutos participantes en el programa Comenius
31 oct 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Unha comisión de profesores do instituto de A Pobra, así como dos centros de ensino de Ilcesi, de Nizip (Turquía), e Apian-Gymnasium de Ingolstadt (Alemania), que participan no programa Comenius, foron recibidos no salón de plenos do Concello de A Pobra polo alcalde, Isaac Maceiras, ao que acompañaron o director e a vicedirectora do citado IES pobrense, José Luís Nogueira e Ángeles Míguens. O primeiro edil subliñou a importancia deste intercambio cultural, ao compartir os alumnos deses países os seus coñecementos. Ademais, entregoulles exemplares do libro El Rey y los alcaldes, de Ángel Font. Despois fixeron unha visita ao Museo Valle-Inclán. Festa cubana Dentro do programa do 25 aniversario destas últimas dependencias, que dirixe Antonio González Millán, o Cantón da Leña foi escenario dunha festa cubana. O grupo de animación e danza El Tomasón foi o encargado de encher ese espazo de ritmos, bailes e gastronomía da illa caribeña. Decenas de persoas seguiron atentamente este espectáculo e deron sobradas mostras do seu agradecemento con calorosos aplausos e dando boa conta dos preparados alimenticios que se serviron. Gravados de renome Grandes nomes da arte española e galega, coma Dalí, Maruxa Mallo e Luís Seoane, se dan cita nunha exposición que se inaugurou na casa de cultura de Porto do Son baixo o título Artes seriadas. Presidiron o acto o alcalde, Ramón Quintáns, o concelleiro cultural, Pastor Rodríguez, e comisario da mostra, Pedro Galilea. Entre outras personalidades, asistiron outros cinco edís, representantes dos clubs de xubilados, profesores e o director do colexio Santa Irene. A colección se enriquece coas ferramentas empregadas na elaboración dos gravados, ademais dunha explicación do procedemento con textos e fotografías, un obradoiro no que participarán escolares de varios centros. Novas tecnoloxías A aula de informática do Concello de Mazaricos acolleu dous seminarios organizados polo Igape, en colaboración coa asociación local de empresarios, que preside Manuel Rodríguez. A súa finalidade foi difundir o uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións entre os industriais da localidade. Despois das explicación que lles ofreceu o monitor e axente local de emprego, José Ramón Esperante, tanto internet, como o correo electrónico e as páxinas web xa non teñen ningún segredo para eles.