DENDE FÓRA | O |
13 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.ARGUMENTÁBALLE EU a un alto dirixente político que a existencia nos concellos de partidos políticos, chamados independentes, era un claro fracaso do PP e do PSOE, froito dalgunhas autocomplacencias ortodoxas e miopías orgánicas, o que queda amosado cando tales independentes acadan apoio veciñal. Exemplos temos nesta bisbarra, como que en Lousame e Boiro foron determinantes para conformar gobernos, ou que en Ribeira os escindidos empataran cos escensores. Tamén está de moda o endiañamento dos partidos nacionalistas, sen poñerse a pensar que algún baleiro deben estar enchendo cando, nin socialistas nin populares, son quen de substituilos. Vexamos algúns casos que sustentan tal realidade. Alemania e Austria son estados federais e, nos seus länder , non existen partidos de corte nacionalista á española, como en Suiza, nin os seus vintetrés cantóns nin as súas catro línguas oficiais plantexan problema algún de convivencia. E, por manter a tradición galega de cruzar o charco, o mesmo podemos dicir dos noventa anos do México federal, por non falar dos EE.?UU. con máis de dous séculos funcionando cun bipartidismo inamovible. O derradeiro debate sobre o estado da nación confirma plenamente esta tese e, dende logo que, en Galicia así seguirá sendo mentres o PPdeG e o PSdeG. sigan empeñados en darlle patadas no cu, precisamente, á letra G..