ERA VISTO | O |
07 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.NESTES INTRES, está aberto o prazo para poder solicitar as subvencións da Xunta de Galicia destinadas a nais e pais con fillos menores de tres anos ao seu cargo. Estas axudas ascenden a 360 euros. Sen embargo, son moitos os proxenitores da bisbarra que descoñecen esta medida de apoio, polo que desde as administracións debería de facerse un esforzo máis grande por publicitalas.