DENDE FÓRA | O |
09 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.AQUEL QUE non vive máis ca unha vida, non pode falar máis ca desa vida. Outros, póñome de exemplo, viven máis dunha vida, diría, varias vidas en tempos e lugares distintos. Isto non é mellor nin peor, é. O certo, aínda coas vidas que un teña vivido, é que o problema do ser humano non está resolto. Iso si, estamos no camiño. A utopía da felicidade terá solución á volta da esquina. A min púxome as ideas claras un bo amigo de Chandrexa de Queixa. Un tal Xosé García, que agora oficia de garda civil de tráfico. Mire, mérquese este auto que vai a douscentos por hora. ¿Ben, porque estrada podo andar con esta máquina? ¡Por Deus, polas do Estado! ¿Pero o Estado múltame? ¡Un pouquiño si! ¿Un groliño máis? Non, non poido agora. Os borrachos están asociados ao alcoholímetro que é quen di si estás pelica ou non. Deixar o fillo e cun cuarto de hora para o bocata, e gañar cincocentos euros ao mes. Non, non me interesa. ¿Entende? É unha avantaxe. ¿É saudable? Ata nos quitan de fumar. Xa privado. Claro, así ate o individuo será privado. Privado, privar e privado. O meu amigo convenceume da desgraza do home. Aínda que a súa intención era outra. ¿Demasiado interese? O ser humano camiña cara un futuro, sen voz e sen palabra. En fin cara á perfecta felicidade.