Coidar a terra

| MONCHO ARES |

BARBANZA

ESCOITABA HAI uns días o tempo que lle leva á terra reciclar algo tan básico e usado como son os cueiros dos cativos, e cantas árbores fan falla para abastecer a un neno nesa etapa na que o obxecto froito da celulosa é imprescindible para telo limpo. A este ritmo, agora que tamén din que o casquete polar estase a derreter, dentro de pouco non teremos nada que coidar. Por aquí, sin ir máis lonxe, boa parte das augas residuais van parar ó mar, e aquelas que non o fan quedan soterradas. Hai quen cre que este último sistema é mellor, pero que non se enganen, porque as filtraciones poden chegar incluso ós acuíferos, e desde ahí, de novo ós grifos. Habería que plantexarse definitivamente si non é tempo de fixar prioridades: é bo facer paseos marítimos, pero é inmensamente mellor sanear a costa; é fantástico crear portos deportivos, pero moito máis saudable recoller e depurar os desaugues.