«Snobismo»

VEIRAS MANTEIGA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

27 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

É ESTA unha das verbas que sen vir nos diccionarios galego e castelán usamos a cotío na nosa conversa. Eu que non son lingüista, e dado que dos tres idiomas que falo, escribo e leo, ningún deles ten preferencia, aínda que algúns pensen o contrario, recoñezo que moitas veces fago xiros que non debía, pero xeralmente evito mesturar as verbas dun e outro. Escribo sobre esto porque vexo con certa asiduidade que moitos dos que traballan na televisión, os que mais en deporte, usan uns galicismos e anglicismos que non teñen cabida. Poñamos o exemplo de pavé que ninguén que non saiba o francés coñece. Tanto en galego como en castelán, en Noia como en Segovia ven sendo un adoquín. E Pedro Delgado teno que saber, polo que non atopo que o use unha e outra vez. Vexamos en tenis: break quere dicir: romper, rachar; roubarlle o servicio, en este caso concreto. Outro exemplo pode estar nas carreiras de coches: pôle position que non é mais que estar en primeira liña. Xa non quero falar que sí ven nos diccionarios. Viraje, viraxe, que ben sendo a acción de virar, ou sexa cambiar de dirección na marcha dun vehículo, e que os nosos comentaristas usan en lugar de curva. Home claro, en francés un virage é por certo unha curva na estrada. Non sigo, penso que a soa verba que hai que usar é snob , que tampouco ven nos diccionarios, pero xa está enraizada no noso vocabulario.